Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).
Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, publicamos a adaptación das programacións didácticas.
Chegou maio e non o imos deixar rematar sen adicar un tempo á cultura, tempo:
De tradicións, folclore, gastronomía...
Para coñecer máis e mellor a nosa cidade.
Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
Queridas mamás.
Hoxe é o voso día. Nas últimas semanas as profes pedímosvos que nos enviedes fotos, tarefas, correos, etc. así que nesta ocasión especial queremos ser nós as que vos enviemos a vós estes vídeos para darvos as grazas en nome dos nenos e nenas de educación infantil e primaria e no noso propio. Esperamos que vos guste e feliz día da nai!
Os alumnos de 3º e 4º ESO, dentro da materia de Educación Plástica e Visual deixaron voar a súa imaxinación resultando estas palabras positivas para levantarnos o ánimo con gran creatividade. Esperamos que vos guste o vídeo que elaboramos.