O ritmo da sociedade actual e os cambios no mundo laboral fan cada vez máis necesaria a oferta de servizos educativos que complementen aos existentes. Entre todos eles destaca, pola súa importancia no desenvolvemento da vida familiar e da propia educación e formación dos nosos alumnos, o comedor escolar. No noso caso con cociña propia.
Pensamos neste servizo como un espazo educativo importante, onde os nosos alumnos practiquen hábitos alimenticios e normas de comportamento na mesa; é dicir, como parte fundamental dunha educación en valores. Somos os propios profesores os que nos encarguemos de atender este servizo. Así mesmo, a realización de diversas actividades nas nosas instalacións permiten: patio para xogos diversos, talleres (actividades extraescolares), salón de actos e vídeo, estudo dirixido...) fará posible a atención completa do alumno despois da comida, permitindo así que toda a xornada escolar transcorra dentro do centro.
Prezos comedor:
88 euros/mes de luns a xoves
105,00 euros/mes de luns a venres
Días soltos (mediante vale): 6,00 € (o ticket cómprase na portería)
Expoñemos a continuación o menú escolar que tomarán os alumnos que decidan quedarse ao comedor durante o curso escolar, esperando que lles sirva de axuda á hora de elaborar o resto das comidas na casa, e axudándolles desta maneira, a elaborar unha dieta sa e equilibrada. Este menú tamén o poden descargar en formato pdf.