Admisión - Procedemento e datas

 

NOVAS DATAS E FASES DO PROCESO PARA O CURSO 2020-2021

Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31003

 

FASES DO PROCESO

DATAS

ED. INFANTIL, PRIMARIA E E.S.O.

Presentación de Solicitudes de admisión. Documentos a presentar :

1. Solicitude debidamente cuberta. (ANEXO II)

2. Fotocopia da folla de inscrición no libro de familia ou DNI.

3. Certificado de matrícula do centro anterior a partir de 5º de Edu. Infantil

4De optar por praza neae, achegar documentación pertinente.

5. A solicitude de admisión en supostos de ruptura familiar (separación, divorcio) deberá se asinada por ambos proxenitores. E, como se establece no novo artigo 16 da orde, a solicitude deberá acompañarse da entrega da copia do CONVENIO REGULADOR OU RESOLUCIÓN XUDICIAL DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, se é o caso.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma

Do 11 ao 18 de maio

Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas

Ata o 26 maio 2020

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 9 de xuño 2020

Reclamacións listaxes provisionais

3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

Publicación das listaxes definitivas

Antes do 26 de xuño

Formalización da Matrícula Infantil e Primaria

Do 1 ao 10 de xullo de 2020

Formalización da Matrícula en prazo  ordinario para alumnos ESO Formalización da Matrícula en prazo extraordinario para alumnos ESO

Do 1 ao 10 de xullo de 2020

Do 1 ao 10 de setembro de 2020

 

 

1.- XORNADAS DE PORTAS ABERTAS E VISITAS GUIADAS CURSO 2020/2021.

Durante o mes de febreiro e marzo terán lugar varias Xornadas de Portas Abertas e Visitas Guiadas  para visitar o colexio aquelas familias que están interesadas en coñecer o noso centro, cómo traballamos, cal é o noso Proxecto Educativo e Carácter Propio así como as dúbidas e novidades no proceso de admisión do curso 2020/2021.

Estades todos convidados. 

Para unha mellor organización das visitas guiadas agradecemos a confirmación da asistencia vía telefónica no 981585850 ou ben na secretaría do Centro. Estas levaranse a cabo con grupos reducidos durante o horario lectivo.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (Infantil, Primaria e ESO)

  • Sábado 15 de febreiro ás 11:00 horas.
  •  

VISITAS GUIADAS (previa cita)

  • Mércores 19 de febreiro ás 15:45 horas. (Infantil e Primaria)
  • Mércores 4 de marzo ás 15:45 horas. (Infantil e Primaria)
  • Venres 6 de marzo ás 17:00 horas. (Infantil, Primaria e ESO)
  •  

descarga documento pdf.jpgDescargar arquivo portas abertas

 Triptico de Educación Infantil

   Documento informativo do Colexio

 

2.- NORMATIVA DE ADMISIÓN ALUMNOS 

2.1.-Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos 2º ciclo ED. INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA. 

descarga documento pdf.jpg  ORDE 12 DE MARZO 2013 (DOGA 15 MARZO 2013).pdf 

2.2.- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro (DOG Núm. 245, de mércores 26 de decembro de 2012) 

descarga documento pdf.jpg  ADMISIÓN EN CENTROS.pdf 

2.3.- Orde do 25 de xaneiro de 2017 publicada no DOG do 1 de febreiro que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.  

 
2.4.- Anexo II de admisión.
 
3.- DATAS E FASES DO PROCESO
 

 

FASES DO PROCESO

DATAS

Ed. Infantil, Primaria e E.S.O.

Presentación de Solicitudes de admisión.

Documentos a presentar :

1. Solicitude debidamente cuberta. (ANEXO II)

2. Fotocopia da folla de inscrición no libro de familia ou DNI.

3.De optar por praza neae, achegar ocumentación pertinente.

Do 1 ao 20 de marzo ambos os dous inclusive

Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo se o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas

10 días hábiles a partires dos 2 seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos

Antes do 25 de abril

Reclamacións listaxes provisionais

5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación

Publicación das listaxes definitivas

Antes do 15 de maio

Formalización da Matrícula Infantil e Primaria

Do 20 ao 30 de xuño

Formalización da Matrícula en prazo  ordinario para alumnos ESO

Do 25 de xuño ao

10 de xullo

Formalización da Matrícula en prazo extraordinario para alumnos ESO

Do 1 ao 10 de setembro

 

 
4.- DOCUMENTACIÓN DE ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS

A solicitude será ÚNICA e terá carácter vinculante, e nela poderán relacionarse ata seis centros, por orde de preferencia. A solicitude poderá presentarse das seguintes maneiras:

1.- Telemáticamente a través da aplicación “admisionalumnado”. A solicitude na sede electrónica ten asignado o código ED550B. 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

2.- De forma presencial no centro unha vez cuberto o Anexo II (procedemento ED550B) manualmente ou cubríndoo no ordenador, imprimilo e entregalo na secretaría do centro.

4.1. DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR 

4.2. CRITERIOS DE BAREMACIÓN E DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

4.3. DATAS A TER EN CONTA NO PROCESO

5.- DOCUMENTOS A DESCARGAR

 Triptico de Educación Infantil

 Documento informativo do Colexio

 Documento de Carácter Propio CEV galego

 Anexo II de admisión 2019-2020 (Galego)

 Anexo II de admisión 2019-2020 (Castelán)

 Documento informativo sobre admisión

 Rúas-zona influencia Colexio Nuesrtra Señora de los Remedios

 Descricción perimetral zona influencia colexio Ntra. Sra. de los Remedios

 Centros limítrofes colexio Ntra Sra de los Remedio (zona limítrofe)

 Rúas-zonas influencia colexio do Concello de Santiago

 Instruccións Dirección xeral de Centros para admisión 2020/2021

 Instruccións Xefatura Territorial da Coruña para admisión 2020/2021

 Descargar arquivo portas aberta 2020/2021 




@cole_remedios tweets