ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO NO AMBITO EDUCATIVO

  • 17 de xaneiro de 2022

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO NO AMBITO EDUCATIVO

Estimadas familias:

Comunicámosvos que nestes días se fixeron públicas as modificacións que afectan ao Protocolo de Vixilancia e control epidemiolóxico fronte ao virus COVID-19 no ámbito educativo non universitario de Galicia. A Dirección Xeral de Saúde Pública poñía en coñecemento dos centros educativos o venres 14 de xaneiro as novidades que atinxen ao cumprimento do devandito protocolo na súa versión 6ª.

Novidades a ter en conta:

- Os casos confirmados de COVID-19 estarán en illamento domiciliario ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasaran 7 días desde que estes comezaron.

- Non acudir ao centro se presentan síntomas.

- Non é preciso realizar unha nova proba para suspender o illamento.

- Considéranse casos estreitos esporádicos ata un número de 4 positivos ou o 20% do grupo. Neste caso en E. Infantil e E. Primaria os contactos estreitos non realizarán a corentena nin realizarán proba diagnóstica, a excepción dos alumnos inmunodeprimidos.

- En ESO ou con alumnos de 12 anos en diante, sí se fará identificación de casos estreitos. En caso de que teñan a dobre pauta de vacinación ou pasaran a COVID nos seis meses anteriores e non presenten síntomas, seguirán asistindo a clase baixo vixilancia e control.

- Realizarase proba diagnóstica para os corentenados ou vulnerables.

- Considérase gromo ou brote, cando nun prazo de sete días hai 5 casos positivos ou máis do 20% dun grupo afectado. Neste suposto será o centro quen se poña en contacto coas autoridades sanitarias e estas determinarán que actuación se levará a cabo.

A decisión de corentenar ou confinar será tomada por Sanidade e nunca é decisión do centro escolar.

Enviamos ligazón ao documento (coa información completa ao respecto), dispoñible na páxina do Servizo Galego de Saúde:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/545/ESCOLAS_Protocolo_COVID19.pdf

Recibide un saúdo cargado de ánimo e saúde.

Equipo directivo





@cole_remedios tweets