5ºA DE PRIMARIA VAI DE PASEO A BELVÍS

  • 14 de xaneiro de 2022

5ºA DE PRIMARIA VAI DE PASEO A BELVÍS

Con baixas temperaturas pero lucindo o sol, acercámonos ao CIPX de Belvís para conectar coa natureza.

 

Alí puidemos coñecer un pouco máis sobre ela: falamos da biodiversidade, dos ecosistemas, de virus... pero tamén de como moitas veces, a nosa acción pon en perigo as distintas especies autóctonas e modifica totalmente un lugar. Concienciarnos da importancia de coidar a natureza para ter unha mellor vida.

Fixemos unha representación, con plantas, dun ecosistema de bosque e outro desértico. Comprometémonos a coidalos na aula. E no Cancelón de Sar plantamos loureiros, piñeiros, madroños e bimbios. Son pequeniños pero esperamos que medren fortes!





@cole_remedios tweets