Coñécenos - Historia do centro

Pasaron máis de 400 anos, dende que se sementou unha ilusión e un risco, para levar a cabo unha obra educativa que tanto ben  reportou á cidade de Santiago. Foi o 8 de agosto de 1597 cando o arcebispo D. Juan de San Clemente quen comprou ao cabido a casa para acoller nela a doncelas orfas de boa vida e bos costumes,para ensinarlles a doutrina cristiá e outros labores que as preparasen para formar boas familias. Ata o 1608 viviron no que hoxe se coñece como casa da Troia,  a partir  deste ano trasládanse ao lugar no que hoxe se atopa o Colexio, pois consta que no 1608 solicitan o permiso do concello para que chegue a auga a dito edificio. Foilles concedida unha fonte interior “ para máis clausura e honestidade e recollemento das orfas.” (A fonte continúa utilizándose na actualidade), e outra fonte exterior para que poidan gozar camiñantes e os vecinos da porta Faxeira, así como o Colexio.

Gozou esta fundación de insignes benefactores, pero especialmente o arcebispo e Cardenal Martín de Herrera que no 1910 restaurou todo o edificio conservando todo elemento artístico. O Seu corpo repousa na Igrexa do Colexio.

Este colexio pasou por moitas dificultades por mor de formar parte do enclave das murallas da  cidade, quedando como recordo dentro do conxunto, a única torre medieval que se conserva na cidade e sobre a que se asenta a Fonte de San Antonio. 
Esta fundación estivo durante séculos rexida por unha reitora coa súa comunidade, non eran relixiosas, pero vivían como se foran de clausura. Dependían dun administrador nomeado polo cabido.

Na madrugada do 19 de novembro de 1878 ás 05:30 h da mañá, chegaron a este colexio de doncelas orfas as tres primeiras fillas da Caridade de San Vicente de Paúl, para encargarse da dirección e goberno do dito establecemento, sostidas polo Cardenal Payá. As Fillas da Caridade xa non abandonan o dito edificio e vano dirixir ata a actualidade. 

 O centro pasou por distintas etapas, sempre atentas ás necesidades dos tempos, e   acomodándose ás diversas esixencias educativas:

Actualmente o centro é un colexio integrado por: Educación Infantil,  Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria,  concertado nos niveis de 2º Ciclo de Infantil, Primaria e ESO. É un centro con Carácter propio que se pode sintetizar así : Toda escola vicenciana está ao servizo integral da persoa na súa tripla dimensión: persoal, social e trascendente, cunha preocupación especial polos máis débiles no seu nivel económico, capacidade intelectual ou outro tipo de limitación.

Intentamos inserirnos o máis posible na realidade sociocultural. Os nosos alumnos participan en múltiples actividades promovidas polos organismos oficiais ou privados. Traballamos en estreita colaboración coa Asociación de Pais / Nais de alumnos. 

A Comunidad e das Fillas da Caridade deste centro, ademais da actividade específica de ensinaza, está aberta a outros servizos como Pastoral Xuvenil ( JMV), Catequeses, Voluntariado da Caridade, servizo e coidado da Igrexa do Colexio ,aberta o público,  ( con exposición permanente do Santísimo).




@cole_remedios tweets