Os nenos e nenas de 4º e 5º de Ed. Infantil e 1º de Educación Primaria participaron na XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura organizada polo Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Actividade de “Contacontos” no Centro Abanca Obra Social na Praza de Cervantes.
Alumnos de 4° ESO, acompañados de profesorado do colexio, achéganse ao mundo do voluntariado. Adican parte do seu tempo de lecer a botar unha man á comunidade de FILLAS DA CARIDADE da cociña económica.Vivencias, dar sen recibir nada a cambio, experiencias fóra das aulas, tan grandes como fermosas. Porque cremos que este é un bo xeito de construír persoas íntegras.
Pensabades que o Antroido xa non é para nós os de ESO? Confundidos estades!
Os pequenos do cole disfrutaron dunha gran xornada disfrazándose de animais da sábana.
Como todos os anos, o entroido xa está aquí ....... e a súa gobernanta xa chegou para esixir que vaiamos como nos diga.