VISITA AO CIFP POLITÉCNICO DE CONXO ALUMNOS DE 4º ESO

  • 03 de febreiro de 2020

VISITA AO CIFP POLITÉCNICO DE CONXO ALUMNOS DE 4º ESO

O luns 27 de xaneiro, os alumnos de 4 ESO, dentro das actividades levadas a cabo polo Departamento de Orientación, fomos visitar o CIFP Politécnico de Conxo, onde nos deron a benvida o Orientador e o Xefe de Estudos.
 

Explicáronnos as diferenzas entre FPB, FPCM e FPCS, así como a súa correspondencia coas categorías profesionais e a proxección laboral e académica de cada unha delas, especialmente nos ciclos que eles imparten:
- Electricidade e electrónica.
- Enerxía e auga.
- Fabricación mecánica.
-Instalación e mantemento.
-Madeira, moble e cortiza.
- Química.
- Transporte e mantemento de vehículos.
Vimos tamén os traballos que fan os alumnos nas clases e que eles mesmos nos ensinaron como se facían.
Por último, fixemos unha visita polas instalacións do centro para ver as aulas e os distintos talleres. Pagou moito a pena xa que son visitas de utilidade para a nosa futura orientación académica e profesional.

 





@cole_remedios tweets