Servizos - Actividades extraescolares

O obxectivo fundamental das Actividades Extraescolares que oferta o Colexio é proporcionar un complemento de formación e desenvolvemento para os nosos alumnos enriquecendo a súa personalidade, os seus gustos e as súas necesidades. É importante unha boa elección destas actividades que debe realizarse en base aos intereses, posibilidades e necesidades dos alumnos. Non debemos esquecer a importancia que ten  integrar estas actividades no tempo real que necesitan os mozos para o estudo. Permiten unha maior participación da comunidade educativa desenvolvendo valores relacionados coa socialización, a participación e a cooperación.
Promoven un sentimento de pertenza ao centro e ao grupo, axudan a adquirir unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre, favorecendo a autoestima ao dar a oportunidade de destacar naquelas competencias e habilidades nas que senten máis motivados e capaces.

a

Ante calquera dúbida ou consulta sobre estes servizos, pódese poñer en contacto co responsable,  Victoriano Ramos Benito, no correo electrónico: extraescolaresremedios@gmail.com

 

As actividasdes existentes poden variar cada curso. O centro realiza unha gran oferta e  dependendo  das solicitudes das familias,aquelas nas que hai un grupo mínimo, acaban implantándose. Este curso as actividades son as seguintes:

 

ACTIVIDADE

Teatro (dous grupos)

Fútbol  Sala

Ballet

Robótica (dous grupos)

Informática (dous grupos)

Xadrez (dous grupos)

**Iniciación ao fútbol sala (predeporte)

Exprésate coas cores

Diverciencia

Ximnasia Rítmica

(tres grupos)

Patinaxe

Escola natación USC

Baloncesto

Pandeireta/Canto tradicional

*Obradoiro infantil

*Obradoiro cociña

Inglés

 

ACADEMIA ACTIVA

 

 




@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets