A Nosa Escola defínese como un Centro Católico das Fillas da Caridade, que basea o seu estilo educativo no Carisma dos seus fundadores, Vicente de Paúl e Luísa de Marillac. Como Escola Vicenciana, comprométese a un ensino de calidade cun estilo propio, que intenta facer presente a Boa Nova do Evanxeo a todos, ofrecendo unha atención preferencial aos máis necesitados. Ten como obxectivo a formación integral dos alumnos de acordo cunha concepción cristiá do home, da vida e do mundo; prepáraos para participar activamente na transformación e mellora da sociedade.
PRINCIPIOS INSPIRADORES DO ESTILO EDUCATIVO DA ESCOLA VICENCIANA
Formación integral dos alumnos de acordo cunhaconcepción cristiá da persoa, da vida e do mundo.

Opción polos máis débiles no seu nivel económico, capacidade intelectual ou outro tipo de limitación.

Vivencia dos valores evanxélicos a través dos cales revelamos que Dios nos ama.

Compromiso pola xustiza e a solidariedade universal cunha participación activa na transformación e mellora da sociedade.

Relacións e clima educativo baseados na sinxeleza.

Respecto á vida e á natureza fomentando a responsabilidade ante o progreso da ciencia e da tecnoloxía.
ACCIÓN EDUCATIVA
Os PRINCIPIOS INSPIRADORES animan á acción educativa baseada nunha PEDAGOXÍA ABERTA, FLEXIBLE E CONSTRUTIVA, que se adapta ás necesidades dos alumnos e que incorpora as innovacións didácticas que a calidade educativa esixe. En coherencia con estes principios, favorecemos os seguintes aspectos:

Educación integral
Desenvolvemento harmónico de todas as dimensións e competencias do alumno, para que chegue ao máximo das súas posibilidades.
Proxectamos a educación máis alá da aula a través de actividades extraescolares conectando coa vida.

Escola inclusiva
Atende a cada persoa de forma individual, segundo as súas intelixencias, os seus intereses e os seus progresos.
Apertura e formación no respecto á pluralidade étnica, cultural e relixiosa para promover a integración social.

Aprendizaxe e servizo
Compromiso, desde os valores evanxélicos, para a construción dunha sociedade máis humana e máis xusta.
Análise da realidade con sentido crítico.
A aprendizaxe capacita ao alumno para servir mellor.

Metodoloxía innovadora
Proposta pedagóxica innovadora e de calidade ao alcance de todos os alumnos.
Renovación metodolóxica que motive e esperte nos alumnos o compromiso e a paixón por aprender.
Estilo dinámico mediante a continua formación e actualización do profesorado.

Relacións cercanas e de colaboración
Ambiente educativo fraterno que supón sinxeleza, acollida, confianza e alegría.
Presenza dos educadores baseada nunha relación de cercanía, dispoñibilidade e cun estilo educativo coherente.

Competencia espiritual
Propón, educa e acompaña a experiencia relixiosa cristiá.
Fai unha proposta explícita da fe en Xesús e aposta polo seguimento do seu legado e valores.
Documento de Caracter Propio CEV castelá
Documento de Caracter Propio CEV galego