Este ano o autor que honramos é a Florencio Delgado Gurriarán. Sendo as referencias da nosa literatura moi importantes, non debemos esquecer que a lingua é algo vivo, non unha peza de museo. Se realmente queremos galego, se o sentimos como propio, falémolo!! Porque de nós depende , como dixo outro gran autor que a lingua galega teña, " mil primaveras máis !!"
Na seguinte ligazón podedes consultar a información relacionada co campamento
O Día de Europa.
Cada 9 de maio celebramos a paz e a unidade de Europa. Esta data marca o aniversario da histórica declaración de Schuman e a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, o comenzo do que hoxe é a Unión Europea. Aproveitamos nas aulas para traballar a importancia das relacións pacíficas entre os diferentes países.
STA LUISA DE MARILLAC
Hoxe día 9 de maio celebramos xuntos o día de Sta Luisa de Marillac.
Agradecemos a súa tarefa como fundadora da Compañía das Fillas da Caridade e faremos todo o posible por tratar de imitala e contaxiar os seus valores.
Feliz día de Sta. Luisa a todos!
Desde o colexio camiñamos cara esa normalidade tan desexada e volvemos a recuperar as actividades culturais.