A riqueza dunha persoa é o seu legado. Tras o pasamento e uns días de moita dor , a nosa Susan foi aparecendo no colexio, nas lembranzas do seu sentido do humor, anécdotas, ... Algunhas delas materializáronse en escritos e debuxos do alumnado e compañeiros que ilustran todo o que significa para nós.
Neste vídeo podedes ver como viviu a experiencia o alumando de 4º ESO.
Este ano o autor que honramos é a Florencio Delgado Gurriarán. Sendo as referencias da nosa literatura moi importantes, non debemos esquecer que a lingua é algo vivo, non unha peza de museo. Se realmente queremos galego, se o sentimos como propio, falémolo!! Porque de nós depende , como dixo outro gran autor que a lingua galega teña, " mil primaveras máis !!"
Na seguinte ligazón podedes consultar a información relacionada co campamento
O Día de Europa.
Cada 9 de maio celebramos a paz e a unidade de Europa. Esta data marca o aniversario da histórica declaración de Schuman e a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, o comenzo do que hoxe é a Unión Europea. Aproveitamos nas aulas para traballar a importancia das relacións pacíficas entre os diferentes países.