VISITA Á FACULTADE DE ÓPTICA E OPTOMETRÍA 3ºESO

  • 26 de marzo de 2026

VISITA Á FACULTADE DE ÓPTICA E OPTOMETRÍA 3ºESO

 

Un ano máis, e xa perdemos a conta de todos os que levamos, a Facultade de Óptica e Optometría acolle ao noso alumnado de 3° ESO na semana cultural. 

Aprenden do currículo de Bioloxía de 3° da man de profesores e investigadores da USC que de óptica saben un cacho! 

Diseccionar, apalpar, ulir e ata ver a través dun cristalino dun ollo de vaca é unha experiencia que enriquece,  aínda que non é asumible para todos os estómagos!

Estivo ben coñecer que o ollo, ademais de ser o órgano da visión, serve para sincronizar funcións vitais importantes como os nosos ciclos de vixilia e sono. Un aspecto de gran relevancia a ter en conta como adolescentes, na nosa hixiene do sono! 

A partires de agora baixarémoslle o brillo á pantalla do móbil e consumiremos menos luz azul, hábitos saudables que contribúen no noso  autoCOIDADO, o noso obxectivo xeral anual que non podemos perder de VISTA!!! OLLO con iso!! 

O noso agradecemento aos profesores J. Arines e C. Bao por seguir brindándonos o seu tempo! 





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets