Esta tarde, o alumnado de 2º de Primaria participou nun roteiro pola zona vella no que cada grupo foi explicando a parte que preparara previamente. Ao longo do percorrido, fixeron paradas no Arco de Mazarelos, na praza das Praterías, na Berenguela e noutros espazos emblemáticos, compartindo cos seus compañeiros e compañeiras a información traballada.
Foi unha actividade moi enriquecedora, na que aprenderon uns dos outros e puideron coñecer mellor a historia e o patrimonio que nos rodea. Sen dúbida, unha sorte ter o colexio na zona vella e poder gozar do entorno, converténdoo nun recurso educativo vivo e próximo.