Hoxe o alumnado de 5º gozou dunha fantástica mañá no Museo de Historia Natural de Santiago ![]()
![]()
Foi unha experiencia moi enriquecedora na que puideron poñer en práctica moitos dos contidos traballados en Ciencias da Natureza: os ecosistemas, os animais, os minerais… aprendendo dun xeito dinámico, visual e moi motivador.
Como sempre, unha visita que nunca defrauda e que se converte nun verdadeiro éxito! ![]()
![]()
Seguimos aprendendo máis alá da aula! ![]()