ADESTRAMENTO CANINO 1º ESO

  • 26 de marzo de 2026

ADESTRAMENTO CANINO 1º ESO

 

Dá gusto poder contar con exalumnos como Miguel Montoiro que nunca din que non á nosa invitación para falar da súa paixón: o mundo canino. 

Miguel é desas persoas boas que no seu trato cos animais desbordan tenrura, sen perder de vista o sentidiño, lembrándonos que os animais son unha especie diferente á nosa e que debemos tratalos como tal. 

Graciñas Miguel polos teus consellos e por amosarnos que a disciplina e a obediencia poden ir da man do afecto e agarimo que lle temos ás nosas mascotas. 





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets