Os alumnos de 4 ESO asistiron esta tarde a unha sesión informativa sobre "o consumo de substancias inhaladas" (cigarrillos, cachimbas, vapers...). Primeiro recibiron a dita charla impartida por unha alumna de 4°curso de Enfermería da USC ( Andrea Posse Penas) que está a realizar o traballo de fin de grao. Posteriormente, o alumnado organizouse en 4 talleres onde puideron ver como un cigarrillo impacta negativamente nos pulmóns, comprobar que a "presión de grupo" pode forzarnos a tomar decisións das que logo podemos arrepentirnos; descubrir os diferentes mitos sobre as substancias inhaladas e tamén ver como repercuten nas actividades preferidas e das que máis desfrutamos.
Foi toda unha experiencia para tomar boa nota!