Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos con emoción o Día de Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa identidade como pobo.
O alumnado de 5º do noso centro participou nun acto organizado por Escolas Católicas, no que puidemos render homenaxe á autora a través da palabra, da música e da reflexión compartida.
Ademais da homenaxe, gozamos do sol da mañá, dunha boa merenda e de tempo libre e de calidade no parque!
Como nos prestou!