O OUTONO
Durante todos estes días estivemos traballando o outono en 1º EP.
O xoves fomos colleitar follas, castañas e landras.
Puidemos ver o cambio que se produce na natureza cando chega esta estación.
Despois seguimos co traballo no cole facendo uns ourizos con follas e landras.
Tamén aproveitamos para practicar os números coas castañas.