Esta mañá os nenos e nenas de Infantil e do 1º ciclo de Primaria gozaron dunha fermosa sesión de contacontos coa maxia de David Rodríguez, que nos trouxo a historia de “Uxía e o mar”.
Un conto cheo de sensibilidade, aventura e amor pola natureza que nos fixo soñar.
Grazas, David, por facer que os libros cobren vida e por contaxiar aos máis pequenos o pracer da lectura!