Publicación no DOG da Orde que regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar
No DOG publicouse a Orde do 28 de abril do 2025 pola cal se regula a participación no Fondo Solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar de cara ao vindeiro curso 2025/26.
Poden presentar solicitudes pais/nais/titores/as ou representantes legais do alumnado de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Educación Especial.
As persoas que soliciten o fondo solidario deben cubrir o ANEXO I e II, así como presentar a documentación indicada nos anexos (orixinais e copias).
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 20 de xuño de 2025 e poden entregalas ben na SECRETARÍA do Centro ou ben por Sede Electrónica.
Podedes consultar o anuncio da consellería na seguinte ligazón
https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
Podedes consultar a orde na seguinte ligazón
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0761-290425-0001_gl.pdf