Hoxe xuntámonos no patio para celebrar o Día das Letras Galegas. Tivemos a sorte, grazas á ANPA, de poder contar con María Faltri e con Berto Rodríguez do grupo Faltriqueras.
Con eles abrimos o acto de celebración para dar paso ás actuacións do noso alumnado.
Desde os máis pequenos de Infantil aos maiores da ESO cantamos, bailamos, recitamos e festexamos a literatura oral e popular.
Mil primaveras máis para a lingua Galega!