Seguimos en tempo de Pascoa e os alumnos de 4° ESO continúan achegándose a pequenas experiencias de voluntariado. Tivemos ocasión de poder conversar con Sor Clara, quen dirixe a Cociña Económica e valorou moito o noso traballo, por pequeniño que poida parecer.
Foi ademais unha sorte atoparnos a Nazaret, a traballadora social, ela explicounos en que consiste o seu traballo e valeunos de charla de orientación profesional.
Graciñas ás dúas por valorarnos tanto e darnos tan bos consellos.