CLAUSURA SEMANA DO DEPORTE

  • 05 de abril de 2025

CLAUSURA SEMANA DO DEPORTE

 

É alí onde os nosos soños se fan realidade,

alí onde medramos e aprendemos a comprometernos,

onde nos sentimos abrazados e protexidos,

onde caemos na conta do importante que é levar a cabo proxectos colectivos traballando en equipo,

entre eses muros onde sacan de nós a mellor versión,

onde poñen en valor todos os nosos talentos,

onde ás veces nos berran por amor, porque nos queren e porque non somos indiferentes,

alí onde pedra a pedra nos van construíndo como persoas íntegras,

alí, na rúa das orfas, subindo á dereita, no n° 5 é o COLEXIO DOS REMEDIOS!

Toda esa felicidade quedou reflectida nesta semana do deporte e solidariedade.

Botádelle un ollo aos sorrisos!

Grazas a todos por todo e por seguir medrando en solidariedade!





@cole_remedios tweets