Na tarde de hoxe fomos os nenos e nenas de infantil os que gozamos dunha xornada deportiva moi divertida.
Nas diferentes actividades que realizamos practicamos moitas estratexias e habilidades presentes nos deportes, como puntería, coordinación, equilibrio, velocidade, axilidade, etc. pero tamén valores moi importantes como o esforzo, a paciencia, o traballo en equipo, a colaboración e a importancia de pasalo ben cos amigos e amigas.