VIAXE ASTURIAS 2º ESO

  • 21 de marzo de 2024

VIAXE ASTURIAS 2º ESO

O luns 18 de marzo empezaba a nosa viaxe de 2º por terras asturianas. A nosa primeira parada, Oviedo, onde fixemos unha Gynkhana moi divertida que nos permitiu coñecer moitos recunchos da cidade. Despois rumbo as covas de Pando onde nos convertemos en auténticos espeleólogos por un día.

O prato forte era o martes 19 onde percorrer os case 12 km de ruta en kayak polo Sella,  co río que baixaba “divertido” como dicía “Micky”, o xefe da expedición, era todo un reto. E tanto que ía divertido!

Despois das últimas choivas o caudal estaba algo máis alto do habitual e facíao máis tentador.

Unha vez explicadas as normas pertinentes de seguridade, enfundar os traxes de neopreno e os salvavidas, alá fomos en parellas a navegar polas augas do Sella.

Xiros, piruetas e algún que outro susto, pero sobre todo adrenalina, aventura e superación persoal foron os ingredientes para unha actividade inesquecible.

Despois de repoñer forzas e unha pequena visita a Covadonga poñemos fin a nosa experiencia en Asturias.

 





@cole_remedios tweets