Coñecendo as mulleres do Clan de Investigadoras.
No Museo do Pobo Galego, os alumnos e alumnas de cuarto de Primaria, participamos nunha actividade que nos permitiu coñecer a tres mulleres que amaron e coidaron a nosa cultura, o noso patrimonio histórico e sobre todo a nosa lingua.
Lendas e obradoiros para achegarnos a Pura Lorenzana, Josefa Vilarelle e a Margot Sponer,que co seu traballo comezaron cambios para todas as mulleres galegas.