Tarde de presentación do programa de Inmersión Lingüística para este curso 23-24.
Esta tarde, o Departamento de Linguas Estranxeiras xunto coa axencia encargada de xestionar a viaxe Prado Tours, expuxeron a súa proposta de Inmersión Lingüística para o presente ano académico.
O destino elixido este ano, será Brighton, unha localidade turística situada ao Sur da costa Inglesa.
Dende o departamento, destacan o interese e a participación das familias neste programa que xa se leva facendo dende o ano 2013.