LECER NOCTURNO

  • 08 de novembro de 2022

LECER NOCTURNO

CHARLA LECER NOCTURNO

Hoxe pola tarde, os alumnos de 4° ESO tiveron unha charla a cargo dun membro da Policía Local de Santiago acerca de como desfrutar do ocio nocturno dende a responsabilidade hacia eles mesmos e os demais.

O axente explicoulles o marco legal ao que está suxeita a cidadanía. A partir do texto da normativa desenvolveu as principais actitudes que existen a esas horas, facendo fincapé nas que son delito e sobre todo nas que afectan á minoría de idade .

Centrouse especialmente no consumo de alcohol e na deshinibición que producen os seus efectos, como factores de risco tanto para eles/as como para o resto das persoas coas que poidan coincidir.

Queremos agradecer á Policía Local de Santiago esta charla tan interesante e didáctica.

En resumo, ante os perigos existentes :

Coñecemento e responsabilidade !!





@cole_remedios tweets