PORTAS SEMPRE ABERTAS AOS EXALUMNOS

  • 22 de xuño de 2022

PORTAS SEMPRE ABERTAS AOS EXALUMNOS

PORTAS SEMPRE ABERTAS AOS EXALUMNOS!

"Porque nunca é tarde, e o tempo só remata cando a vida termina. E ata ese momento, sempre existe unha posibilidade para todo".

Esta foi a mensaxe que trasmitiu Alfredo o pasado luns na súa charla testemuño aos alumnos de 4° ESO do colexio.

Aos seus 24 anos acadou Matrícula de Honra no bacharelato para adultos, un 12'75 nas ABAU e un novo obxectivo que perseguir.

Polo medio anos de aprender da vida, de escoitarse a si mesmo para así atopar o camiño axeitado, que o enche e fará feliz.

Estas si que son lecións dignas de que os nosos alumnos aprendan: verdadeiras lecións de vida.

Grazas Alfredo pola túa dispoñibilidade e polos teus bos consellos ao alumnado de 4° ESO.

Sabes que seguimos sendo o teu cole!





@cole_remedios tweets