VIAXE FIN DE ESTUDOS 4º ESO 2022

  • 30 de maio de 2022

VIAXE FIN DE ESTUDOS 4º ESO 2022

Afortunados ao ter cumprido o noso soño de poder gardar na nosa lembranza unha experiencia inesquecible: a viaxe de fin de estudos de 4° ESO.

O destino foi o país veciño: Guimaraes, Parque de Penaventura e O Porto.

Historia, cultura, aventura, emoción, convivencia, amistade, río e mar!

Inmersos na gastronomía típica no Mercado do Bom Sucesso, cruceiro polo Río Douro, vento mareiro na praia de Matosinhos, toda a descarga de adrenalina na tirolina Fantasticable máis grande de Europa...

Que máis se pode pedir?

Moi satisfeitos co voso comportamento, nun clima de convivencia inmellorable, queda todo gardado nas instantáneas, nos vídeos e na memoria de todos!





@cole_remedios tweets