SEMANA SANTA

  • 08 de abril de 2022

SEMANA SANTA

Chegan tempos de descanso, disfrute e desconexión. As 3D's que debemos practicar nestas vacacións co fin de coller folgos para o terceiro e derradeiro trimestre do curso.

Pero non debemos esquecer que a Semana Santa é o camiño que debemos percorrer para chegarmos ao tempo de PASCUA, a expresión máis sublime do AMOR, dese amor inmortal, valor que é a un tempo o noso obxectivo xeral anual, baixo o lema:

"AMA, AGRADECE E COMPARTE".

Compartimos convosco que o noso colexio é Sede da "Hermandad de Estudiantes. Cofradía del Smo. Cristo de la Misericordia, Nº Padre Jesús de la Esperanza y Nª Sª de los Remedios".

Na procesión tamén ten protagonismo a nosa Virxe Milagrosa, que será venerada neste paso.

A procesión dos Estudantes sae do noso colexio o Mércores Santo ás 23:00 h.

FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN

A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!





@cole_remedios tweets