Parabéns aos noso alumnos e alumnas de 1º e 4º da ESO, matemáticos e físicos, que acadaron o primeiro premio na fase final galega do Rally Matemático que está organizado pola Asociación IGACIENCIA!!! . MOi BO TRABALLO!!!!
Hoxe no colexio tocou celebrar a emoción coa que chegaban ó colexio os nosos alumnos co seus premios baixo o brazo. Que alegría tan grande e que festa!
1ºB ESO en Matemáticas e 4ºB ESO en Física e Química acadaron o primeiro premio na fase final galega do Rally Matemático que está organizado pola Asociación IGACIENCIA.
As probas finais celebráronse hoxe na facultade de Química da USC.
Os dous equipos formados por 8 alumnos cada un, xa están pensando en preparar as súas maletas para representar a GALICIA na FASE INTERNACIONAL que se realizará en Toulouse (Francia) o 12 de maio.
Acudirán a esta fase con outros tres equipos doutros centros de Galicia.
Desde o colexio damos os parabéns a estes alumnos porque o seu talento científico e matemático ten un recoñecemento xa de alto nivel. Non cabe a menor dúbida de que este talento está sendo estimulado e cultivado polos seus profesores e familias, e eles sacárono hoxe a relucir con elegancia e grandeza!
Estamos de noraboa tamén todos os profesores do claustro porque desde ben pequeniños fomos sementando e construíndo neles coñecemento.
Agora recollemos bo froito e é momento de celebración!
Relación de alumnos:
1ºB ESO MATEMÁTICAS:
MARÍA RIVERA COSTOYA, ALEJANDRA DUBRA GARCÍA, RODRIGO LOIS POSE, DIANA VALERIA MALAVÉ SANDOVAL, MARIO MUJICO PAZOS, XOEL OTERO PARDO, ANAHÍ PADERNE VIQUEIRA, SILVIA VÁZQUEZ DE PRADA PÉREZ
4ºB ESO FÍSICA E QUÍMICA:
LUCÍA CASÁS FRAIZ, IAGO BÓVEDA MURILLO, EVA RODRÍGUEZ COBO, RAQUEL MEJUTO PENAS
MARTINA COUSO IZQUIERDO, ROMÁN ALDREY LEÓN, JACOBO LAVANDEIRA GIPPINI,
ÁLVARO SANTAMARÍA BLANCO
Máis información: https://www.igaciencia.eu/gl/taxonomia/rally