FIN DE ALERTA SANITARIA E VIXENCIA DO PROTOCOLO COVID

  • 25 de outubro de 2021

FIN DE ALERTA SANITARIA E VIXENCIA DO PROTOCOLO COVID

 

Aclaración sobre a finalización da situación de emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia

Estimadas familias:

            O pasado día 22 de outubro publicouse no Diario Oficial de Galicia a finalización da situación de emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Algunhas familias manifestaron as súas incertezas e preguntas sobre como afecta esta resolución ao sistema educativo e se isto suporía a fin das medidas establecidas polo Protocolo COVID-19 na escola. Nesta circular queremos dar resposta a esas cuestións:

  •           * Mantense vixente o Protocolo Covid-19 para todos os centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021/22. Esta medida é de obrigado cumprimento para todos os centros, sexan públicos, privados ou concertados, en tanto a Consellería e o goberno non resolvan o contrario.

 

  •           * O Protocolo COVID-19 afecta a todas as actividades organizadas e xestionadas polo centro educativo, ben sexan actividades complementarias, extraescolares, servizos de comedor, madrugadores ou ludoteca. Tal é o caso do noso centro, ao estar todas estas actividades e servizos xestionados polo propio centro educativo.  En cambio, a norma é moito máis flexible con aquelas actividades organizadas por clubs deportivos, ANPAS, concello ou academias privadas.

 

  •           * Permanecen vixentes, polo tanto, as medidas de distancia de seguridade, o uso das máscaras, os grupos burbulla en Educación Infantil e Primaria e as medidas de hixiene e ventilación nas aulas.

          Como centro educativo, permaneceremos atentos á evolución da pandemia e cumpriremos  de xeito responsable coas medidas e normas sanitarias impostas ata que se nos indique o final da súa aplicación por parte das autoridades competentes. Agardamos que esta situación non perdure todo o curso e que poidamos normalizar canto antes toda actividade educativa no centro, volvendo á situación previa á pandemia.

           Para unha maior información achegamos a circular enviada desde Escolas Católicas de Galicia aos Equipos Directivos insistindo na plena vixencia do Protocolo e do seu obrigado cumprimento.

 

           Descargar circular

Un saúdo

O Equipo Directivo

 





@cole_remedios tweets