ACTIVIDADES DÍA DA MULLER

  • 11 de marzo de 2021

ACTIVIDADES DÍA DA MULLER

Foron moitas as actividades realizadas na conmemoración do 8 de marzo.

Sirvan de exemplo as seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL

Mulleres importantes, valentes, empoderadas, válidas. Mulleres mestras, enfermeiras, perruqueiras, caixeiras, amas de casa. Mulleres que traballan nas casas, nos coles, nos hospitais, nas residencias, nos polideportivos, nos centros de saúde, nas protectoras de animais, nas oficinas. Mulleres que ensinan, que coidan, que curan, que estudan, que limpan, que cociñan, que axudan, que quieren. Mulleres amigas, compañeiras, tías, avoas, madriñas e sobretodo, para nós, MAMÁS.

Mulleres que son o noso mellor exemplo e testemuño.

Neste 8 de Marzo, as nenas e nenos de Educación Infantil falamos de todas as capacidades que teñen as mulleres das nosas vidas, coñecemos un pouquiño da vida dalgunhas mulleres famosas e reflexionamos sobre a importancia da igualdade, soñando que nun futuro, cando as nosas nenas sexan mulleres adultas, poidan voar alto en compañía dos homes, ao lado, man a man, e nunca detrás, porque non somos + nin -, somos =.

EDUCACIÓN PRIMARIA ( PHYSICAL EDUCATION)

Desde a clase de Physical Education, os alumnos de 3°, 4°, 5° e 6° de primaria queren reivindicar o valor das mulleres deportistas e crearon "The Wall of the sports women", co fin de valorar o seu esforzo e loita diaria no deporte das mulleres.

EDUCACIÓN PRIMARIA (1-2-31 CURSO)

Elaboración de video e mosaico que é un homenaxe a todas esas mulleres que foron, son e serán un referente na nosa vida. Grazas por estar presentes na nosa vida.

https://www.facebook.com/1957019787892891/videos/147732073873309/?t=0

ESO - INSPIRING GIRLS

O alumnado de 1ESO a 4 ESO tivo entre os días 11 de Febreiro ( Día da Muller e a nena na Ciencia) e o 10 de marzo (coincidindo co Día da Muller) varias videocharlas coas voluntarias da Fundación Inspiring Girls, onde a través das súas experiencias, tanto profesionais como persoais, animaron ao alumnado a loitar polos seus soños, sen deixar que os estereotipos delimiten o seu futuro e motivándoos a emprender novos retos. Estas charlas, encádranse dentro do Plan de Igualdade do centro e están organizadas polo Departamento de Orientación.
#REMEDIOSPLANDEIGUALDADE
#REMEDIOSINSPIRINGGIRLS
#TITORIASINTERACTIVAS


 

 





@cole_remedios tweets