INSTRUCIÓNS EXAMES DE SETEMBRO ESO

  • 31 de agosto de 2020

INSTRUCIÓNS EXAMES DE SETEMBRO ESO

Estimadas familias de alumnos de ESO:

A continuación detallamos as instrucións que deben seguir coidadosamente os alumnos con materias a recuperar na convocatoria extraordinaria de exames de setembro.

 • Os alumnos esperarán fóra e entrarán a tan so 5 minutos da hora do exame. 

• Trataranse de manter estritamente as horas de comezo e final dos exames polo que é moi importante ser puntuais no comezo e remate das probas.

• Deberán traer o material que sexa preciso para o exame posto que non se permitirá compartir material. Importante a telo en conta se precisan usar calculadora, regras, typex,... conveniente traer bolígrafo de reposto. 

• Imprescindible o uso de MASCARILLA e lavado de mans ao entrar na aula con xel hidroalcólico que terá o centro ao seu dispor.

• Os alumnos deben dirixirse á aula adxudicada e nunca irán dun lugar a outro sen a autorización dun profesor.

• Se un alumno tivese varias probas ao longo da mañá daráselle a opción de saír do centro no tempo entre probas ou ben poderá permanecer no centro pero sempre baixo a vixilancia e directrices dun profesor. 

• Nais imaxes detallamos as aulas destinadas aos exames co fin de proceder á desinfección das mesmas entre unha proba e a seguinte. 

Un saúdo e moita sorte a todos!





@cole_remedios tweets