COMPARTINDO SEGUNDA PARTE. TODOS XUNTOS

  • 28 de marzo de 2020

COMPARTINDO SEGUNDA PARTE. TODOS XUNTOS

Querida comunidade educativa,

Encantounos o voso vídeo e dende as nosas casas, os alumnos e familias tamén queremos burlar o confinamento e facervos chegar os nosos ánimos e forzas para vencer esta situación.  

Non nos chega unha canción para colocar a gran cantidade de fotos que recibimos, pero que saibades que estades nos corazóns de todos nós.

Esperamos que vos atopedes todos ben e podamos vernos pronto.

Unha chea de bicos e apertas!

Os vosos alumnos e familias

(Un agradecemento especial a nosa cómplice e creadora Vanesa por todo o seu traballo)

Os alumnos de 5º de Educación Primaria mándannos moitos mensaxes de ánimo. Todos xuntos, todos fortes!. Ánimo.

 

 

 

Ánimo.
 

 





@cole_remedios tweets