ENTROIDO 2020

  • 21 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

Tradición, encontro, cor e festa. Así se tingue o noso colexio nestes dous días nos que desde infantil a secundaria tomamos o patio para os desfiles de comparsas e disfraces. As orellas, filloas e rosquillas, gastronomía típica destas datas, grazas aos concursos que lanza a ANPA, tamén a temos presente.

Non deixa de ser un escenario de expresión, onde o divertimento, o bo humor, baile, teatro se poñen en escea. Oportunidade tamén para resaltar talentos que non se ven tan facilmente no día a día da aula.

Noraboa ós alumnos e ás comparsas premiadas polo seu bo gusto e pola participación por parte de todos. Pasámolo en grande e por iso paga a pena. Parabéns aos seguintes premiados:

PRIMARIA

INDIVIDUAL: SEÑORA CON GALIÑA E GRELOS, ROBOT INTERGALÁCTICO, CISNE, NENA CON GLOBOS, ALMORZO CON CEREAIS, ÁRBORE

COMPARSA: XADREZ

ESO

INDIVIDUAL: NENA CON GLOBOS

COMPARSA: XOGOS OLÍMPICOS

Agora a descansar e a coller folgos para o final do trimestre. Feliz Entroido!

 

 





@cole_remedios tweets