VOLTA AO COLE

  • 01 de setembro de 2026

VOLTA AO COLE

 

Hoxe o claustro de profesorado volve ao colexio con novos folgos para botar a andar o novo curso 2026-27.

Con ánimo renovado, novas ilusións e de estrea, comezamos a traballar para darvos o día 9 a benvida a todo o alumnado do centro.

Empeza o camiño connosco Sor Agustina Cerezal, a nova directora titular que acollemos con agarimo deixando que nos contaxiemos coa súa enerxía e ganas de facer as cousas ben desde o principio.

Botade unha ollada ás instantáneas que o colexio tamén vos espera renovado e remozado!

Vémonos axiña!





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets