INFORMACIÓN INICIO DO CURSO

  • 01 de setembro de 2026

INFORMACIÓN INICIO DO CURSO


Benqueridas familias:
Hoxe inauguramos o novo curso escolar 2026-2027, e xa queda pouco para o inicio das clases
.
 

Por este motivo queremos poñernos en contacto convosco e trasladarvos algunha información que pode ser do voso interese.
Lembramos nesta circular algúns temas de carácter xeral:
➢ As clases darán comezo o día 9 de setembro para Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Nos vindeiros días achegarémosvos información sobre os horarios e reunións de inicio de curso previstas cos titores/as dos diferentes grupos e cursos.
➢ O servizos de comedor, transporte escolar e madrugadores funcionarán desde o día 9, inclusive, con total normalidade. Antes de empezar as clases teredes esta información na páxina web, na Plataforma Educamos e no taboleiro da entrada do colexio.
➢ Os titores/as convocarán a todas as familias de nova admisión nesta primeira semana de setembro para un encontro presencial no centro.
➢ As familias xa teñen operativos e á súa disposición os servizos de Secretaría e Administración do Centro nos horarios habituais de atención para resolver calquera dúbida, consulta ou xestión que precisen realizar.


Queremos trasladar desde o equipo docente todo o noso ánimo e apoio para sacar adiante este novo curso escolar e agradecemos unha vez máis ás familias a confianza depositada no noso centro.
Un afectuoso saúdo

Santiago de Compostela, martes 1 de setembro de 2026





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets