O martes, os alumnos/as de 2º da ESO fixemos o noso “bautismo de surf” na praia de Patos (Nigrán). Puxemos a proba a nosa pericia, forza, equilibrio e resistencia pero sobre todo desfrutamos dunha actividade lúdica cos nosos compañeiros.
Despois de xantar na praia de Panxón puxemos rumbo a Baiona para facer unha Gymkana que nos deixou momentos moi divertidos mentres coñeciamos un pouco máis esta fermosa vila.
Xornada para lembrar e poñer o colofón perfecto ao curso que remata xa.