Os nenos e nenas de educación infantil tivemos hoxe a Nosa saída de fin de curso. No Planetario da Coruña puidemos ver unha proxección moi chula na que puidemos repasar todos os coñecementos que fomos adquirindo este trimestre no noso proxecto sobre o Universo.
Despois desfrutamos das exposicións da Casa das Ciencias e da DOMUS, e tamén tivemos o privilexio de xantar co mar de fondo.
Volvimos á casa cansos pero moi contentos.