BIOLOXÍA 3º ESO

  • 18 de maio de 2026

BIOLOXÍA 3º ESO

CSI RECONEXIÓN VITAL

Volvemos da ponte da Ascensión e o laboratorio do colexio sufriu unha sabotaxe. As maquetas do corpo humano foron desmontadas e as etiquetas mesturadas, xerando un caos!!!

Hoxe na clase de bioloxía tivemos que reconstruír o sistema locomotor e explicar o seu funcionamento para salvar a exposición destas valiosas maquetas, verdadeiras pezas de museo.

Neste CSI a nosa misión foi dentificar os compoñentes do sistema músculo-esquelético

axudándonos das explicacións recibidas na aula no tocante a este tema!





@SOCIAL_TWITTER_TAG tweets