Este trimestre os nenos e nenas de Educación Infantil imos investigar e descubrir o universo, e que mellor xeito de comezar o noso proxecto que facelo cunha viaxe espacial! Íñigo de la Quadra-Salcedo, co seu planetario móbil, convertiu o salón de actos nun cohete co que visitamos a lúa e observamos os planetas, a Vía Láctea e as estrelas mentres nos explicaba moitos conceptos que despois traballaremos nas aulas. Foi unha xornada intergaláctica na que nos sentimos como os astronautas da Artemisa II!