Coñécenos - Estilo Educativo

Os Centros Educativos Vicencianos son escolas católicas, dirixidas polas Fillas da Caridade, que inspiran a súa acción educativa no Evanxeo e no espírito dos seus fundadores: Vicente de Paúl e Luísa de Marillac. Basean os seus esforzos na integración dos alumnos, a sensibilidade polos necesitados e a valoración do saber como medio para servir mellor. 

 

Formación integral dos alumnos de acordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo.

Estilo Educativo

Opción polos máis débiles no seu nivel económico, capacidade intelectual ou outro tipo de limitación.

Vivencia dos valores evanxélicos a través dos cales revelamos que Dios nos ama.

Compromiso pola xustiza e a solidariedade universal cunha participación activa na transformación e mellora da sociedade.

Relacións e clima educativo baseados na sinxeleza.

Respecto á vida e á natureza fomentando a responsabilidade ante o progreso da ciencia e da tecnoloxía.

Achegamos a educación ás necesidades de cada alumno, articulando as medidas de atención á diversidade.

Estilo Educativo

Educamos a alumnos capaces de convivir e compartirsensibles ás necesidades dos demais, comprometidos pola xustiza e promoción dos máis necesitados, a través de accións concretas.

Poñemos ao alumno no centro, facéndolle protagonista da súa aprendizaxe.




@cole_remedios tweets