Servizos - Actividades verán

Actividades e obradoiros con inmersión lingüística total en inglés para alumnos de Infantil e Primaria que se desenvolverá no noso Centro a finais de xuño e  no mes de xullo. 
  
OBXECTIVOS
Promover actividades que favorezan a diversión creando un ambiente lúdico
Facilitar a adquisición de destrezas lingüísticas en inglés, tanto a nivel oral coma escrito.
Experimentar e gozar de novas experiencias con actividades lúdicas.
Fusionar o xogo, o entretemento e a diversión coa aprendizaxe do INGLÉS.
 
DATAS, HORARIOS E SERVIZOS
Desde  o día seguinte que rematan as clases ata o 31 de xullo de 08:00 h a 16:00 h.
De 08:00 a 09:30 h. Servizo de Madrugadores
De 09:30 a 14:00 h. Obradoiros e Actividades
De 14:00 a 16:00 h.Servizo de Comedor 

OBRADOIROS E ACTIVIDADES
Os  alumnos participantes estarán distribuídos en grupos reducidos (máximo 10) e por idades. Unha vez coñecido o número de alumnos e as súas idades serán organizadas as actividades e obradoiros. Os profesores participantes serán profesores nativos e profesores de inglés, a maioría auxiliares de conversa e profesores do Colexio.  
 
Actividades:
Xogos (xogos populares, a bandeira, rastrexo, far man, musicais, ...)
Deportivas (volley red, floorball, aerobic, ...)
Artísticas (obradoiros de manualidades, pintura, debuxo...)
Dinámicas (story telling, role plays, brainstorming, team building, ...)
Outras actividades (twister, tabú, who is who, busca palabra, ....) 
 
INSCRICIÓN E FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
 A inscrición será do 1 de maio ao 31 de maio de 2018. A partir desta data só se adxudicarán prazas se quedan grupos sen completar.
 Pasos a seguir:
1. Cubrir a ficha de solicitude correspondente que deberá entregarse na Secretaría do Centro debidamente cumprimentada.
2. Reserva de praza: 50 euros mediante ingreso en conta (entregar resgardo bancario en Secretaría) a descontar do total do prezo. A reserva non se devolverá se finalmente non participa sen causa debidamente xustificada.
3. Unha vez rematado o prazo de inscrición, formalizaremos a matrícula do 1 de xuño ao 15 de xuño e mediante ingreso en conta (entregar resgardo bancario en Secretaría).  

PREZOS

MODALIDADE

HORARIO

PREZO

Servizo de Madrugadores

(sen almorzo cada semana)

8:00 a 9:30 h

5 euros

Servizo de Madrugadores

(con almorzo cada semana)

8:00 a 9:30 h

10 euros

Obradoiros e Actividades

Quenda do 25 ao 29 de xuño ou

1 semana completa de luns a venres de xullo

9:30 ás 14:00 h

60 euros

Obradoiros e Actividades

Quenda de 2 semanas  de xuño-xullo

9:30 ás 14:00 h

110 euros

Obradoiros e Actividades

Quenda de 3 semanas  de xuño-xullo

9:30 ás 14:00 h

150 euros

Obradoiros e Actividades

(Mes completo xullo)

9:30 ás 14:00 h

190 euros

Obradoiros e Actividades

(Quenda xuño máis xullo)

9:30 ás 14:00 h

220 euros

Servizo  de Comedor (cada semana)

14:00 ás 16:00 h

25 euros

Servizo  de Comedor (Mes completo)

14:00 ás 16:00 h

100 euros

Aplicaranse descontos do 40% (en obradoiros e actividades) se participan dous ou máis irmáns.
 
Criterios de admisión:
O número mínimo de participantes en cada escala é de 10 matriculados, de non haber dito número  non se realizará a actividade (os inscritos recuperarán a reserva de praza). Terán prioridade os alumnos do colexio e de mes completo. O número máximo de prazas é 60 asignadas por orde de inscrición, tendo en conta os criterios anteriores.
 
Documentación:

descarga documento pdf.jpg Ficha de inscrición.
descarga documento pdf.jpgFicha de formalización de matrícula.

 




@cole_remedios tweets