PODCAST EN 5º DE EP

  • 18 de abril de 2024

PODCAST EN 5º DE EP

ATENCIÓN PODCAST

Saúdos! O alumnado de 5º de primaria leva semanas mergullado na Idade Moderna! Despois de moito traballo e esforzo, conseguimos finalizar o que tanto ansiábamos dende o comezo da unidade: darlle forma ao noso primeiro PODCAST sobre historia!! Si, si, como están lendo…

un podcast sobre a Idade Moderna titulado: "Unha viaxe á Idade Moderna" no que os verdadeiros protagonistas son os nosos alumnos!

Dende os descubrimentos xeográficos ata as grandes figuras que cambiaron o curso da historia, cada episodio está impregnado de entusiasmo e descubrimento.

Acompañados polos seus mestres, estes talentosos estudantes investigaron, debateron e compartiron os resultados dunha maneira que desafía as expectativas da súa idade! Cunha narración clara e envolvente chea de contido e creatividade, este podcast non só educa, senón que tamén inspira a mergullarse no pasado e comprender como este moldeou o noso presente. Prepárate para unha experiencia auditiva única, onde a curiosidade e o coñecemento únense para dar vida a Idade Moderna dunha maneira completamente nova!

Bulide escoitar ao noso alumnado!!





@cole_remedios tweets