O PARLAMENTO VISITA O COLEXIO

  • 12 de abril de 2024

O PARLAMENTO VISITA O COLEXIO

 

Hoxe o alumnado de 4°ESO tivo unha visita moi representativa do poder de Galicia. Tres persoas que foron representantes do pobo no Parlamento de Galicia acudiron ao colexio dentro do programa da institución para difundir entre a cidadanía o parlamento e as súas funcións.

Neste caso, para explicar de primeira man entre o estudantado de secundaria a importancia de ser persoas políticas no día a día, da necesidade de manexar información e sobre todo de ter espírito crítico para acadar a nosa propia opinión.

Así as persoas convidadas, María Tereixa dos Anxos Novo Arrojo, Noa Díaz Varela e Alejandro Gómez Alonso, representantes de distintos partidos políticos, falaron dos temas relevantes que consideran que afecta máis á sociedade e como os tentaron abordar na súa acción parlamentaria e tamén dende a administración local xa que as tres teñen experiencia na política municipal .

As tres intervencións incidiron en que o mellor xeito de xestionar as diferenzas na sociedade é coa ferramenta da palabra, de como os partidos políticos saben chegar a acordos e da utilidade da política institucional.

O alumnado puido preguntar aquelas dúbidas que máis lle interesaba e puido experimentar de primeira man as respostas de representantes públicos.

Queremos agradecer ao Parlamento de Galicia a iniciativa de achegar o noso maior órgano de representación ao alumnado.





@cole_remedios tweets