COMETA PÚRPURA

  • 03 de abril de 2024

COMETA PÚRPURA

 

Hoxe unha escolla de alumnos de 1° e 2° ESO participaron no Purple Comet Math Meet.

Trátase dunha competición de matemáticas en equipo internacional, gratuita e en liña deseñada para estudantes de secundaria. Equipos de un a seis estudantes compiten presentando solucións a unha lista de problemas matemáticos que varían en dificultade desde bastante fácil ata extremadamente desafiante.

Transformamos a aprendizaxe nun desafío interesante, puxemos a funcionar o noso pensamento creativo poñendo en valor a nosa competencia matemática.

A seguir despexando desafíos!





@cole_remedios tweets