VIAXE A PARÍS 4º DA ESO

  • 23 de marzo de 2024

VIAXE A PARÍS 4º DA ESO

Todos triunfamos nesta viaxe de fin de estudos que endexamais esqueceremos. Quedarán de seguro moi bos recordos na nosa memoria.

Notre Dame que, aínda estando andamiada, non defrauda, Versalles unha espectacular mestura de luxo, espellos e cor dourada, as vistas desde Trocadero, o cruceiro entre lusco e fusco polo Sena a subida nocturna á Torre Eifel, as emocións, maxia e fantasía de Disney, o impresionante Museo LOUVRE, Sacre Coeur-Montmartre o Arc de Triomphe e o paseo polos Champs-Elysées.

Aínda que sempre poden quedar cousas por matizar, queremos dar os parabéns ao noso alumnado por saber estar baixo o noso coidado.

Non podemos esquecer o noso agradecemento ao equipo técnico de Prado Tours: Casi, Lito e Ádrian, porque con vós os obstáculos sáltanse mellor. Grazas de corazón porque traballando en equipo é todo moito máis doado!





@cole_remedios tweets